38 anos comprometidos coa procura

Somos un despacho de procuradores e profesionais xudiciais con 38 anos de experiencia e máis de 50.000 expedientes xestionados. Representación xudicial, xestión de notificacións, elaboración de escritos, xestión de demandas e moito máis.

O VALOR DA EXPERIENCIA

Fandiño Procuradores

Equipo multidisciplinar

Contamos cun equipo multidisciplinar de profesionais da Xustiza liderados por José Antonio Fandiño, procurador colexiado dende 1983.

José Antonio Fandiño

Procurador e mediador, José Antonio colabora en mestrados ligados á procura e á avogacía, en despachos de avogados e na formación de novos procuradores coa vista posta nun futuro sólido e de calidade para a profesión.

A procura, no centro

A día de hoxe, José Antonio Fandiño é o decano do Colexio de Procuradores de Vigo e vicepresidente do Consello Galego de Procuradores.

os nosos servizos

Representación

Representación xudicial do cliente

Notificacións

Xestión de notificacións xudiciais

Escritos e demandas

Elaboración de escritos e xestión de demandas

Seguimento

Seguimento do procedemento no xulgado

Trámites

Trámites na administración

Prazos

Control de prazos e sinalamentos

Asesoramento

Asesoramento xudicial

Escritos

Elaboración de escritos de trámite

Xestións xudiciais

Xestións de temas xudiciais, Rexistro, impostos, etc

preto de ti

Actuamos persoalmente nos partidos xudiciais de Vigo, Pontevedra, Redondela, Tui, O Porriño, Cangas, Ponteareas e Marín;  mediante colaboradores en Lalín, Cambados, A Estrada, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Santiago de Compostela, Noia, Corcubión, Arzúa,Negreira, Muros, Padrón e Ordes.